Escolma Poética
ROSALÍA DE CASTRO
Imáxes de BELÉN PADRÓN

A lúa, ese ser cambiante que muda a súa cara de espello circular.
Señora das mareas, astro de fecundidade.
Ritmos lunares para dar medida ao tempo, ao tempo poético..

Fráxil e profunda, Rosalía de Castro transitou pola vida con palabras de revelación e misterio, de xeito adverso. Nun país sen voz propia, foi a primeira en atopar o nome non escrito das nosas cousas. Os libros “Cantares gallegos” e “Follas novas”, aos que pertencen os poemas desta escolma, son textos reivindicativos, que enxalzan a terra, a muller galega, os nenos, os vellos, os desposuídos...

Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario ‘rosaliano’. Imaxes de contido onírico e simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior...

Encadernado en cartoné.
64 páxinas - Formato despregable.
15 x 23,5 cm.
Prezo: 15€
“ROSALIA DE CASTRO - Escolma poética" . ISBN 978-84-96957-29-9

© FAKTORIA K DE LIBROS