Trece poemas en cada
libro,
trece poemas como trece lúas,
como os trece meses do calendario lunar.
Celso Emilio Ferreiro plasmou na súa
obra poética o seu xeito de contemplar o mundo: comprometido,
rebelde, crítico, mais tamén sensible, solidario,
vangardista. Esta escolma reúne os versos máis
senlleiros publicados en “Longa Noite de Pedra”,
“Viaxe ao país dos ananos” e “Onde
o mundo se chama Celanova”.
Baldo Ramos presenta, a partir de cada poema,
a súa visión persoal do que transmiten os versos;
de estilo surrealista, formato caligráfico, unha mestura
cromática na que contrastan negro, branco, vermello,
amarelo, lila, granate... |