Escolma Poética
RAMÓN CABANILLAS
Imáxes de ANXO PASTOR
Edición literaria LUÍS REI

Trece poemas en cada libro,
trece poemas como trece lúas,
como os trece meses do calendario lunar.

No Ano Cabanillas, co gallo do 50 aniversario do pasamento deste autor senlleiro, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e FAKTORÍA K fanlle unha homenaxe especial ao ‘Poeta da Raza’. Un libro de poemas e imaxes para ler e admirar pausadamente; reflexionando sobre cada idea, saboreando as súas cores evocadoras. Pousado sobre un atril, as súas páxinas desprenderán un halo de misterio que inundará o espírito do lector.

Xornalista crítico, funcionario municipal, cantor nostálxico das paisaxes nativas, autor de versos galeguistas e combativos, académico da lingua, admirador dos artistas galegos do seu tempo....

Encadernado en cartoné.
50 páxinas en color. Formato despregable.
15 x 23,5 cm.
Prezo: 15 €
“RAMÓN CABANILLAS - Escolma Poética" . ISBN 978-84-8464-706-5

 

© FAKTORIA K DE LIBROS