OS TRES LOBIÑOS E O PORCO
TEXTO: CARLES CANO
ILUSTRACIÓNS: OLIVEIRO DUMAS
TRADUCIÓN: XOSÉ BALLESTEROS
 

Había unha vez tres lobiños espelidos, educados, aboenciosos, astutos e noxentamente relambidos. Traballaban como directivos nunha empresa multinacional...
...Todo sería felicidade, harmonía e aborrecemento na vida deste trío se non fose por un porco repugnante e execrable que llas tiña gardadas desde os tempos do colexio.

Nesta reinvención do conto tradicional dos “Tres porquiños” invírtese o papel dos personaxes, de xeito que, nesta nova versión, os lobos son perseguidos polo porco. Non é unha historia edificante -xa o recoñecen os autores- mais tampouco pretende adoutrinar, senón divertir ao lector cun relato irreverente, grotesco e politicamente incorrecto. No fondo, contén unha severa crítica á sociedade que prima o éxito persoal e a competitividade por riba de valores como o compañeirismo e a solidariedade.

Encadernado en cartoné.
32 páxinas a toda cor.
16x16 cm.
Prezo: 10 €
“Os tres lobiños e o porco” ISBN 978-84-935804-4-5
“Los tres lobitos y el cerdo” ISBN 978-84-935804-3-8
© FAKTORIA K DE LIBROS