| ...Satán dedicárase
a facer comentarios de admiración sobre algúns
dos brillantes traballos do Creador, uns comentarios que,
lendo entre liñas, resultaban ser sarcasmos.
Expresárallelos en privado aos seus amigos de confianza,
os outros arcanxos, mais outros anxos inferiores escoitáranos
e foran dar parte ao cuartel xeral...
“Cartas desde a Terra” é
unha das obras de Mark Twain publicadas moito despois da morte
do autor, exactamente en 1962, máis de cincuenta anos
despois do pasamento do escritor. O crítico e historiador
Bernard de Voto editou os textos en 1939 e deulles forma de
libro, pero a filla de Mark Twain, Clara Clemens, prohibiu
durante varias décadas a publicación da obra,
quizais por considerala demasiado crítica co cristianismo. |