| Estrañas desaparicións.
Unha nena moi especial.
Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate.
Marabillosos enxeños. Mundos paralelos.
Aliados e inimigos...
Son algúns dos ingredientes desta
novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixiosa
Medalla Carnegie, coa que se premian as mellores obras dirixidas
a lectores infantís e xuvenís; velaquí
as primeiras aventuras da apaixoante saga “A materia
escura”, convertida nunha obra de referencia en todo
o mundo grazas á mestría e poderosa imaxinación
do seu autor.
Ambientada na época victoriana, onde
mandaban os férreos corsés da moral e as crenzas,
esta obra aporta certas doses de rebeldía. Introduce
elementos filosóficos, curiosidade científica
e dúbidas existenciais que cuestionan as convencións
establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de
coñecemento e a valentía son a chave para que
mozos e adultos compartan este interesante desafío. |