| Nun val á
sombra dos rododendros, preto da liña das neves perpetuas,
por onde corría un regato coa cor leitosa das augas
do desxeo, e no cal as pombas e os liñaceiros voaban
por entre inmensos piñeiros, había unha cova
medio oculta por un penedo que tiña enriba e pola mesta
e irta follaxe que se amoreaba debaixo dela.
Trala publicación de “A aurora
boreal” e “O coitelo sutil”, este derradeiro
volume da triloxía ‘A materia escura’ transcorre
entre o noso propio universo e outros moitos. A primeira parte
estaba ambientada na época vitoriana, onde mandaban
os férreos corsés da moral e das crenzas. A
seguinte aventura transcorría no mundo actual coñecido.
Nesta terceira entrega, Lyra e Will irán atopando todas
as respostas aos enigmas que os envolven, e descubrirán
por que foron eles os elixidos para desvelar o gran egredo.
Despois da gran guerra terán que afrontar o seu propio
destino.
|