NOAH BARLEYWATER ESCAPA DA CASA
JOHN BOYNE
DESEÑO: OLIVER JEFFERS
TRADUCIÓN: CARLOS ACEVEDO
Noah Barleywater saíu da casa ben cedo pola mañá, antes de o sol saír, antes de os cans acordaren, antes de o orballo parar de caer sobre os campos.
Baixou da cama, vestiuse amodo coa roupa que deixara preparada o día anterior e baixou en silencio polas escaleiras aguantando a respiración. Había tres chanzos que renxían nos puntos onde a madeira non encaixaba ben, de xeito que tivo que pisar con pés de la sobre eles co fin de facer o menor ruído posible...

Aos seus oito anos, Noah pensa que é máis doado facerlles fronte aos seus problemas se non pensa neles. E por iso escapa da casa. Por un camiño inexplorado a través da fraga. Non tarda en chegar a unha tenda. Pero non se trata dunha tenda normal. É unha tenda de xoguetes cuns incribles bonecos cargados de maxia. E dentro dela Noah encóntrase cun artesán ben raro; un home que ten unha historia que contar, chea de aventuras, prodixios e promesas rotas. Ese home guiará a Noah nunha viaxe que lle cambiará a vida.


Encadernación rústica.
224 páxinas.
13,5 x 20 cm.
Prezo: 14€
“NOAH BARLEYWATER ESCAPA DA CASA”. ISBN 978-84-15250-02-9
© FAKTORIA K DE LIBROS