 |
 |
...Satán dedicárase
a facer comentarios de admiración sobre algúns dos
brillantes traballos do Creador, uns comentarios que, lendo entre
liñas, resultaban ser sarcasmos.
Expresárallelos en privado aos seus amigos de confianza,
os outros arcanxos, mais outros anxos inferiores escoitáranos
e foran dar parte ao cuartel xeral...
“Cartas desde a Terra” é unha
das obras de Mark Twain publicadas moito despois da morte do autor,
exactamente en 1962, máis de cincuenta anos despois do pasamento
do escritor. O crítico e historiador Bernard de Voto editou
os textos en 1939 e deulles forma de libro, pero a filla de Mark
Twain, Clara Clemens, prohibiu durante varias décadas a publicación
da obra, quizais por considerala demasiado crítica co cristianismo. |