 |
 |
Aki
¿Que sentido ten comezar a escribir unha novela cando se
chega á casa do hospital, despois de saber que se teñen
semanas ou meses de vida? Nin na fase máis eufórica,
producida pola cortisona, sería posible cumprir a tarefa
a tempo. E por que estraña razón debería escribir
fose o que fose ata as derradeiras forzas? Non sería máis
importante lerlle un conto á pequena Kerttu todas as noites?
Falar con Saara sobre como foi o día?
“Semanas, meses” é a crónica
da «morte anunciada» de Reko Lundán, exitoso
escritor e dramaturgo finlandés, que morreu aos trinta e
sete anos, en 2006. Reko comeza a escribir esta obra cando lle comunican
que ten un tumor cerebral. Ante esa dura sentenza, a vida deste
home novo, casado e con dúas fillas, convértese nunha
loita contra o tempo, unha carreira de obstáculos na que
toda a familia terá que participar, sabendo de antemán
cal será a fin inexorable. |