1984
GEORGE ORWELL
TRADUCIÓN: FERNANDO MOREIRAS
LECTURAS DE ALTURA

...O apartamento quedaba no sétimo, e Winston, que tiña trinta e nove anos e unha úlcera varicosa sobre o nocello dereito, subiu devagar, parando a descansar varias veces. En cada andar, fronte ao ascensor, o cartel coa enorme cara observábao desde a parede. Era unha desas imaxes aqueladas de xeito que os ollos te seguen ao moverte. Ao pé puña: «O IRMÁN GRANDE VIXÍATE». No apartamento, unha sonora voz lía unha lista de cifras relacionadas coa produción de ferro en lingotes...

Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista. Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.

 
Encadernación rústica.
320 páxinas.
14,5 x 21 cm.
Prezo: 19€
“1984" . ISBN 978-84-1525016-6
© FAKTORIA K DE LIBROS