|
Casara tarde, en xuño de 1943,
despois dos bombardeos dos americanos en Cagliari, e naqueles
tempos chegar aos trinta anos sen ter amañado un matrimonio
era pouco menos que ser unha solteirona. Non era que fose
fea nin que lle faltasen pretendentes, todo o contrario. Só
que nun momento dado os pretendentes comezaban a espazar as
visitas ata que xa non aparecían nunca máis,
sempre antes de lle pedir oficialmente a man ao meu bisavó...
Mentres prepara o seu casamento, unha moza
recorda a vida da súa avoa: unha muller sarda, romántica, namoradiza e ilusionada, que procura o amor
ideal, ata o punto de escribir apaixonados poemas e de considerar
que un home a pretende só con sorrirlle. Mais a familia
obriga a mullera casar con alguén de quen non está
namorada; un home que debe aceptala para saldar débedas
coa familia dela... |