| Tan pronto se apagou
a luz do dormitorio comezaron o barullo e o algareo en todos
os edificios da granxa. Durante o día correra a voz
de que o vello Comandante, o porco branco de raza middle white
que gañara o concurso da feira, tivera un estraño
soño a noite anterior e quería transmitírllelo
aos outros animais; e acordaran reunirse todos no celeiro
grande en canto estivesen seguros de que o señor Jones
non fose entremeterse...
Unha noite, cando o granxeiro Jones vai durmir,
todos os animais da Granxa Manor reúnense e, liderados
por un porco sabio, o vello Comandante, deciden amotinarse
e loitar contra os seus amos. A rebelión trunfa, os
humanos son expulsados a couces, e os porcos Napoleón
e Folerpa proclaman un novo sistema social baixo unha nova
lei que declara que «todos os animais son iguais».
Pero as ensinanzas do vello Comandante vense alteradas cando
os seus sucesores asumen o control e converten o goberno nunha
tiranía. |