MOTÍN NA BOUNTY
John Boyne
TRADUCIÓN: CARLOS ACEVEDO
LECTURAS DE ALTURA

Era unha vez un cabaleiro, un tipo alto con aire de superioridade, que tiña por costume baixar ao mercado de Portsmouth o primeiro domingo de cada mes co fin de aprovisionar a súa biblioteca. Eu recoñecíao polo coche en que o seu criado o traía. Era da cor máis negra que se podía imaxinar, mais estaba rematado no alto por unha fileira de estrelas prateadas, coma se o home tivese interese nun mundo alleo ao noso.

En 1787, ao mando do capitán William Bligh, a fragata Bounty parte cara a Tahití. O Almirantado británico encargáralle recoller árbores do pan para transplantalas nas colonias do Caribe. Tratábase de conseguir un produto económico para alimentar os escravos das illas que recollían cana de azucre. Bligh era un experto en navegar polo Pacífico; xa o fixera ás ordes do lendario capitán Cook. Como en todas as penosas travesías daquela época, a tripulación tiña por diante unha dura e longa viaxe.

 
Encadernación rústica.
480 páxinas.
14,5 x 21 cm.
Prezo: 22 €
“ MOTÍN NA BOUNTY" . ISBN 978-84-96957-87-9
© FAKTORIA K DE LIBROS