| Cando acordou no
monte no medio da escuridade e do frío da noite estendeu
a man para apalpar o neno que durmía a son del. Noites
máis negras ca a negrura mesma e os días máis
grises ca a véspera. Coma a aparición dun glaucoma
frío que ofuscaba o mundo. A man elevábaselle
e descendía suavemente con cada alento precioso. Botou
para atrás a lona plástica e ergueuse sobre
as fedorentas roupas e mantas e mirou para o leste na procura
dalgunha luz pero non había ningunha.
Un pai e un fillo camiñan sós
por un mundo frío, onde apenas nada se move, agás
a cinza e a neve no vento. Pai e fillo empurran un carriño
pola estrada: nel transportan as poucas pertenzas que lles
quedan e o que van recollendo no camiño. Van cara ao
sur, cara á costa, buscando a salvación, esfameados
e abafados pola néboa cincenta: dende as montañas
do interior, percorrendo unha paisaxe arrasada, van fuxindo
da morte coa esperanza de atopar un futuro onde sexa posible
a vida. |