SETE CASAS EN FRANCIA
BERNARDO ATXAGA
TRADUCIÓN: RAMÓN NICOLÁS
LECTURAS DE ALTURA

Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até
Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi.
Non era xustamente o derradeiro lugar do mundo, porque, como se dicía na Force Publique, tal honra correspondíalle a Kisangani, situado a uns douscentos quilómetros río arriba; pero abofé que estaba lonxe de calquera lugar coñecido...

En 1885 a Conferencia de Berlín recoñeceu a propiedade do rei Leopoldo II de Bélxica sobre o Estado Libre do Congo. Nos seguintes 30 anos, coa anuencia das potencias coloniais europeas e o consentemento das autoridades relixiosas, as forzas militares belgas cometeron un dos maiores xenocidios na historia da humanidade.

Atxaga regresa dunha beca dun ano na Universidade de Reno (Nevada) cunha novela de prosa trepidante que marca un importante xiro no seu estilo narrativo, adoptando por primeira vez un ton cómico e grotesco para abordar a época colonial do Congo belga. Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón. Todo isto encadrado nun territorio que, por desgraza, aínda padece as consecuencias dese escuro episodio histórico.”.

 
Encadernación rústica.
276 páxinas.
14,5 x 21 cm.
Prezo: 19,50 €
“SETE CASAS EN FRANCIA" . ISBN 978-84-96957-61-9
© FAKTORIA K DE LIBROS