BUDAPEST
CHICO BUARQUE
TRADUCIÓN: RAMÓN NICOLÁS
LECTURAS DE ALTURA

PREMIO JABUTI Á MELLOR OBRA DE FICCIÓN 2004

Debía estar prohibido escarnecerse de quen se aventura nunha lingua estranxeira. Certa mañá, ao baixar do metro por erro nunha estación azul igual á dela, cun nome semellante á estación da casa dela, telefonei desde a rúa e díxenlle: estou chegando case. Supuxen nese mesmo intre que dixera un disparate, pois a profesora pediume que repetise a oración. Estou chegando case... había se cadra algún problema coa palabra case. Só que, no canto de sinalar o erro, ela fíxome repetilo, repetilo, repetilo, logo soltou unha gargallada que me levou a colgar o teléfono. ... Hoxe non obstante podo dicir que falo o húngaro perfectamente, ou case....

José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, «a única lingua do mundo que o demo respecta»,

 
Encadernación rústica.
162 páxinas.
14,5 x 21 cm.
Prezo: 15 €
“BUDAPEST" . ISBN 978-84-96957-51-0
© FAKTORIA K DE LIBROS