| Para escribir un
conto en só cinco minutos cómpre que consiga
-ademais da tradicional pluma e do papel branco, naturalmente-
un diminuto reloxo de area, o cal lle dará cumprida
información tanto do paso do tempo como da vaidade
e inutilidade das cousas desta vida; do concreto esforzo,
xa que logo, que nese intre está vostede realizando.
Non se lle ocorra poñerse diante dunha desas monótonas
e monocores paredes modernas, de ningunha maneira; que súa
ollada se perda nesa paisaxe aberta que se espalla alén
da súa ventá...
"Obabakoak" transporta o lector
ao territorio atemporal e infantil dos soños e da imaxinación,
onde o extraordinario irrompe no cotiá. Obaba non existe,
non está en ningún mapa, é un lugar máxico,
mítico e cheo de supersticións, pero o lector
axiña atopa un emprazamento para os 26 relatos dos
que consta. Realismo fantástico o desta obra que se
estructura en tres apartados: “Infancias”, “Nove
palabras en honra da vila de Villamediana” e “Á
busca da derradeira palabra”. |