| A porta do baño
iluminado estaba entornada; ademais diso, un resplandor esquelético
chegaba dende as lámpadas de fóra a través
da persiana veneciana; estes raios entrecruzados penetraban
a escuridade do dormitorio e revelaron a seguinte situación:
vestida cun dos seus vellos camisóns, a miña
Lolita estaba deitada de lado, dándome as costas, no
medio da cama.
De todas as novelas deste autor, “Lolita”
é a máis completa, fascinante e controvertida.
Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín,
Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á
nova vida dun país ao que acabará retratando
ironicamente nesta novela. Máis aló da historia
na que un home de mediana idade se namora perdidamente dunha
rapaza nova ata o punto de perder o tino, mesmo máis
aló do relato erótico, está o retrato
dunha sociedade autocompracente. |