CUSPIREI SOBRE AS VOSAS TUMBAS
BORIS VIAN
TRADUCIÓN: DAVID GIPPINI
LECTURAS DE ALTURA

Da miña maleta, mellor nin falar. Total, para o que había dentro. Esquecíao: tiña tamén no cofre do coche o pequeno revólver do rapaz, un triste 6,35 de ocasión; aínda o levaba no peto cando o shériff veu dicirnos que levaramos o corpo á casa para enterralo.

O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.

A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a súa lectura, non recomendada para menores de 18 anos.

Encadernación rústica.
144 páxinas.
14,5x21 cm.
Prezo: 13 €
“CUSPIREI SOBRE AS VOSAS TUMBAS" . ISBN 978-84-96957-08-4
© FAKTORIA K DE LIBROS