MALES DE CABEZA
FRAN ALONSO
TRADUCIÓN: FRAN ALONSO Y XOSÉ LUÍS ALONSO VILLAVERDE
PERIFERIAS

Está decidida: hoxe collerá o tren, calquera tren, o primeiro tren que saia, e alonxarase para sempre. Danlle mareos só de pensar en chegar á súa casa, enfrontarse á cara licuada da súa filla preñada, escoitar a voz pastosa do seu home, facerlles, unha vez máis, outra tortilla para a cea, inútiles, máis que inútiles.

A loucura e a súa antítese, a lucidez, son o eixe sobre o que xiran estas historias, entrecruzadas coma unha tea de araña. Os seus personaxes e as súas circunstancias non deixan de ser familiares para o lector, inmerso nun mundo onde as tensións diarias e a neurose colectiva alteran o noso fráxil equilibrio emocional. E así, entre a tenrura e a crueza, a ironía e a solidaridade, vaise tecendo unha necesaria reflexión sobre o ser humano e o noso tempo, as súas virtudes, os seus límites e as súas miserias.

 
Encadernación rústica.
224 páxinas.
14,5x21 cm.
Prezo: 15 €
“MALES DE CABEZA" . ISBN 978-84-96957-07-7
© FAKTORIA K DE LIBROS