 |
 |
O País dos Báquiros
non está ao norte, como din as xeografías escolares;
nin ao sul, como pensan os seus habitantes; nin máis aló
das lagoas, como puidera crerse vendo pasar, voando naquela dirección,
bandadas de garzas viaxeiras. O País dos Báquiros
está pechado nun círculo de selvas virxes, á
man dereita do trópico de Capricornio.
Partindo do tinte suxerente que envolve a obra
desde o mesmo título, este libro de relatos contribúe
a alimentar a imaxinación do lector a base dunha prosa que
reborda maxia, expresividade e talento narrativo. A capacidade para
evocar mundos propios e estranos, a sutileza coa que se suceden
as figuras literarias e o ambiente metafórico que envolve
cada historia, é unha invitación á lectura
entregada. |