| Contar ovellas pode
que non sexa un remedio de todo efectivo contra o insomnio. Cando
os rapaces non poden durmir propónselles pechar os ollos
e contar ovellas imaxinarias a medida que van saltando unha cancela,
tamén imaxinaria. E que facer, precisamente, cando esa táctica
fracasa? Cambiar de animal!
Unha invitación a
facer unha viaxe inesquecible por outros mundos, aínda que
sexa vestidos con pixama e co pouco de enerxía que nos quede
logo dun día esgotador.
|