 |
 |
...Coma tantas outras
parellas que se queren,
teñen fillos: Croquila, unha cría de crocodilo,
e Rafolo, un bebé xirafa.
Xuntos, forman unha familia coma calquera outra.
Iso si, un pouco especial... “Unha
familia normal” é a continuación da serie protagonizada
por Xirafa e Crocodilo, que consta dos álbums titulados “Crocodilo
namorado”, “Unha casa a medida” e “Unha
parella diferente”. Nesta nova entrega Daniela Kulot introduce
dous personaxes máis: Croquila e Rafolo, unha pequena xirafa
verde e un pequeno crocodilo con manchas marróns. A familia
creceu e todos xuntos demostran que non só poden desenvolver
unha convivencia perfectamente normal, senón que ademais
forman un bo equipo, capaz de salir airoso de calquera peripecia.
|