UNHA PARELLA DIFERENTE
DANIELA KULOT
TRADUCIÓN: Pilar Martínez e Marc Taeger

Un día que non tiñan nada que facer,
Crocodilo díxolle a Xirafa:
-“Imos dar unha volta?”.
-“E onde imos?”, preguntou Xirafa,
“a Vilacrocodilo ou a Aldeaxirafa?”.

Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradable impresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dos seus conveciños, grandes e pequenos.

 
Encadernado en cartoné
32 páxinas en color.
23 x 30 cm.
Prezo: 15 €
“Unha parella diferente” . ISBN 978-84-96957-14-5
“Una pareja diferente” . ISBN 978-84-96957-13-8
© FAKTORIA K DE LIBROS