 |
 |
Mira que mira mirando,
atopei un becho estraño,
coa feitura dun ovo:
gordo arriba, abaixo fraco.
Tiña por riba dous pés,
entre os pés un longo rabo... Libro
de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados “contos
sen fin”. Un conto para contar, no que son fundamentais a
rima e o ritmo, a partir dunha estrutura de oito sílabas,
que se mantén ao longo de todo o relato. Malia a súa
sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este
libro destaca polo “xogo” que dá cos nenos e
nenas, que descubrirán con el a función lúdica
da lectura. Porque pasándo as páxinas ata o final
e dándolle a volta ao conto....
|