 |
 |
¡Aplausos, gritos,
música de claríns!
O toureiro sae á arena,
o seu traxe de luces brilla baixo o sol.
O público contén a respiración…
Cando un touro ignora ao
toureiro non hai faena. E sen faena non hai público. E sen
público non hai gloria. Isto último pásalle
ao protagonista deste simpático relato que, logo de quedar
sen astado ao que lidiar, ten a idea de intentar convencer a outro
animal. A sensación de fracaso leva ao pobre toureiro a un
cambio de rumbo drástico. Pero a cambio gañará
moitos amigos: coellos, cervos, xabaríns e mesmo algún
que outro touro risoño.
|