PREMIO ETXEPARE 2008
DE ÁLBUM INFANTIL ILUSTRADO
EN ÉUSCARO
 
 
SOÑOS DE CIRCO
TEXTO: JOXAN ORMAZABAL
ILUSTRACIONES:
IRAIA OKINA
TRADUCTORA: SILVIA PÉREZ
Había tempo que a miña avoa me dicía que un día me levaría a ver o circo. E por fin onte pola tarde, a avoa e mais eu fomos á estación: iamos ao circo! A viaxe en tren duraba media hora ata a cidade. E ás cinco comezaría a función. No tren sentamos xuntas. Algúns raios de sol coábanse pola ventá e acariciábannos suavemente...

“Soños de circo” é a historia dunha dobre viaxe: real e imaxinaria, unha viaxe de ida a un mundo onde ata o imposible é posible, e unha viaxe de volta ao mundo presente. Un libro que lles ofrece aos pequenos lectores a oportunidade de soñar espertos...
As protagonistas emprenden unha aventura ilusionante que acaba converténdose nun soño fantástico. A obra transpórtanos ao mundo máxico do espectáculo circense, tan atractivo para a infancia. Un soño dentro doutro soño, onde se mesturan malabaristas, pallasos e elefantes feitos de nube, con artistas e espectadores de carne e óso. Un soño que, por un momento, tamén se volve pesadelo...


Encadernado en cartoné
32 páxinas a toda color. 21 x 30 cm.
Prezo: 14 €
“Soños de circo” . ISBN 978-84-96957-56-5
“Sueños de circo” . ISBN 978-84-96957-57-2
“Zirkua amets” . ISBN 978-84-7681-578-6
© FAKTORIA K DE LIBROS