 |
 |
Don Casimiro e Dona
Carolina proveñen dunha familia de gatos moi distinguida. Dende
tempos inmemoriais a súa estirpe é famosa pola súa
fermosa pelaxe negra.
Hai tempo que Don Casimiro e Dona Carolina agardan ansiosos ter descendencia.
E por fin chega o día esperado… Rosalinda
non é o que os seus pais agardaban: loce unha chamativa pelaxe
arrubiada en vez da de cor acibeche da que presume a familia; e
fai cousas impropias da súa especie, como relacionarse con
cans e ratos. Rosalinda non encaixa no seu fogar e emprende o seu
propio camiño na procura de fortuna. |