 |
 |
Pintar primeiro unha
gaiola cunha porta aberta.
Despois pintar algo agradable, algo sinxelo, algo fermoso, algo útil
para o paxaro. Esta fermosa
fábula sobre a arte e a cretividade une un dos poemas máis
sutís de Prévert, escrito en 1943, e o talento artístico
de Gerstein. Destaca a orixinalidade coa que nos amosa a transición
do mundo en tres dimensións ao plano bidimensional. A medida
do tempo, o valor da pacencia, o modo no que se reflicte a natureza
son outros alicientes desta obra. No fondo, trátase dunha
reflexión filosófica sobre o efémero: capturamos
momentos e impresións de canto observamos e ansiamos, pero
apenas podemos retelo durante un tempo; debemos desprendernos, pois,
dese afán por reter o que non nos pertence, para que a nosa
mirada estea aberta a novas sensacións no futuro.
|