QUEN FALA? - AS PARTES DO CORPO OPINAN
TARO GOMI
TRADUCTORES: MAKI FUKUHARA e CHEMA HERAS
Estaba Pablo paseando tan tranquilo cando, de súpeto...
«Ui! Isto que é?», di un dedo.
«Ah! É o caramelo que me deron o outro día», di a cabeza recordando.
«Foh! Que sucio! Está cheo de peluxe!», din os ollos ao velo.....

Trala publicación de “A bañarse!”, o deseñador xaponés Taro Gomi propón estoutro álbum de achegamento ao corpo humano a través dos sentidos e das partes das que consta. Ademais de gozar das ilustracións, realizadas dun xeito semellante ás que fan os cativos cos seus debuxos, esta obra tamén é unha ferramenta de apoio para nais, pais e mestres, á hora de axudaren os nenos a gañar en autonomía e coñecemento sobre si mesmos..

Encadernado en cartoné.
32 páxinas a toda cor.
23 x 25 cm.
Prezo: 14 €
“Quen fala? As partes do corpo opinan” . ISBN 978-84-96957-43-5
“¿Quién habla? Las partes del cuerpo opinan” . ISBN 978-84-96957-44-2
© FAKTORIA K DE LIBROS