 |
 |
O Gran Guerreiro cabalgaba
a galope tendido no seu corcel cando, de súpeto, a neve comezou
a caer e a cubrir todo cun manto branco e mesto. Mais, naquel lonxano
e solitario lugar case non había onde agocharse: tan só
a Cova da Moura ofrecía un abrigo seguro...
“O Gran Guerreiro”
(‘Gerlari Handia’ en éuskaro) é a obra
galardoada co I Premio Etxepare de Literatura Infantil,
para autores de Euskadi.
O relato trasládanos a un tempo pasado, no que o valor e
o aceiro impoñían a lei. O autor recréase na
descrición da paisaxe, as accións e os pensamentos
do protagonista. Pero onde o texto se volve máis intenso
é na loita que o Gran Guerreiro emprende cun ser descoñecido
que o espreita na escuridade dunha cova; unha criatura escorregadiza
que resiste os embates da súa espada; un inimigo misterioso
que o supera e o deixa completamente indefenso, sen arma e sen armadura...
|