 |
 |
Todas as mañás,
o señor Abellón saía da súa casa cun abrigo
enorme. Levaba algo agachado, pero non dabamos visto o que era porque,
en canto saía pola porta, liscaba rúa abaixo a toda
présa.
Polas tardes, cando volvía á casa, o abrigo seguía
tan avultado como pola mañá... Este
libro contén as cualidades básicas que, segundo Jeannette
Jenning, caracterizan ao bo álbum infantil: contribúe
a desenvolver a curiosidade e a imaxinación dos máis
novos. Un personaxe algo excéntrico chama a atención
dun grupo de nenos, que se propoñen desvelar o seu segredo.
Baixo o seu abrigo ocúltase algo misterioso que se move e
emite estranos ruidos. O obxectivo é saber que e por que.
|