 |
 |
Antano, hai xa moito
tempo, nos días en que non existían os dragóns,
os homes, as mulleres e os nenos da China cazaban, pescaban e vivían
en tribos baixo a protección de espíritos benévolos...
Mentres que en Europa o
dragón é un animal misterioso e de reminiscencias
diabólicas, en Asia é sinónimo de paz. Esta
obra bilingüe galego-chino mandarín,
que conxuga literatura, caligrafía e ilustración,
conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial
polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas. Os adultos, que
veneraban os animais sagrados, tamén facían a guerra
no seu nome...
O libro complétase cun mural despregable
no que se explica a técnica dos ideogramas e da escritura
chinesa; no asesoramento colaborou a profesora Claudia Berger, responsable
de ensino de chinés moderno na Universidade de Xenebra. Ademais,
na elaboración deste volume utilizouse papel obtido de bosques
xestionados de maneira responsable, certificados de acordo coas
normas do Forest Stewardshil Council.
|