 |
 |
Mifi conta todo
o que atopa ao seu paso e así descobre o mundo que a rodea:
as árbores do parque, os parrulos do estanque, os papaventos
do ceo, as cunchas da praia..
Trala sinxeleza das ilustracións e a coidada
selección das cores apréciase un completo traballo
creativo que potencia o desenvolvemento dos nenos dende o punto
de vista cognitivo, afectivo e social. |