Leopoldo ten unha mamá
que sempre senta con el á noitiña e lle conta contos
marabillosos...
...Casilda ten un papá que lle ata un laciño no pelo
todas as mañás.
Daniela Kulot cóntanos a historia dunha
dobre amizade: a de Leopoldo e Casilda, e a dos seus respectivos
nai e pai. Pequenos e adultos gozan da compañía mutua
e constrúen pouco a pouco os alicerces dunha nova familia. |