 |
 |
Hai moito, moito tempo,
nun prado da montaña, vivía unha vella cigarra. Chamábase
Catarina e era moi charlatana. Todos os días, sen falta, contaba
aos seus veciños historias antigas que a ela, cando era pequena,
contáralle a súa avoa, Unha vez, Catarina contoulle
á veciñanza a historia da xoaniña.
“As historias da avoa Catarina”
é un conto sobre a pacífica vida da natureza e dos
insectos, entre os que destaca unha cigarra. Esta charlatana empedernida
introduce á súa vez outros tres relatos sobre unha
xoaniña, unha bolboreta e un patilongo que acaba converténdose
en saltón. As narracións da protagonista cativan os
habitantes do bosque, como tamén os lectores deste libro,
que recrea o acto da transmisión oral da cultura.
|