 |
 |
Por fin chegara o verán!
Era un día de moita calor. Despois de cargar o coche, saímos
de viaxe. Ao cabo dun bo rato, paramos a carón da estrada e
dixéronme:
«Rápido, Manchas! Aí, debaixo da árbore!».
Manchas non sabe que facer.
A súa familia abandoouno en vacacións. Atópase
absolutamente só. As experiencias que comeza a vivir descúbrenlle
o dura que é a vida na rúa. Un día métese
nunha barcaza e comeza para el unha aventura inesquecible. Á
fin e ao cabo, Manchas resulta ser un can afortunado…
|