 |
 |
Cando chove...
O meu can métese en todos os charcos do paseo.
Chega á casa coas catro patas e o fociño manchados de
lama, contento, movendo o rabo.
Mamá cólleo do pescozo e méteo no lavabo ata
que sae branco outra vez... Un
álbum poético que plasma a realidade cotiá
con outra ollada distinta, porque as nubes e a choiva que soen identificarse
coa tristura e co mal humor, enfócanse con optimismo e fantasía:
paraugas de cores que se mesturan nas rúas, caracois que
festexan a humidade, árbores que reverdecen... A pequena
narradora deste libro naïf goza dos días chuviosos porque
o seu pai lévaa á escola en coche, chapotea coas súas
preciosas botas e pesca peixes imaxinarios nos charcos.
|