 |
 |
O
pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo.
Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno...
Dentro da casca, Artur sentíase a salvo,
pero estaba moi apretado. Xa non cabía naquel cálido
cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis
remedio que saír de alí. Descubriu entón que
habitaba unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido
que se abría ante os seus ollos sorprendidos e curiosos.
|