CANDO CHOVE
LEIRE SALABERRIA

Cando chove... O meu can métese en todos os charcos do paseo.
Chega á casa coas catro patas e o fociño manchados de lama, contento, movendo o rabo.
Mamá cólleo do pescozo e méteo no lavabo ata que sae branco outra vez...




 
 
 
O SEÑOR DON NICANOR
ANA FERNÁNDEZ-ABASCAL / FLAVIO MORAIS

— Que película tan mala!
Será mellor apagala.
E como non dá parado,
colle un libro decontado...




 
 
 
ARTUR
OLI / MARC TAEGER

Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero estaba moi apretado. Xa non cabía naquel cálido cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí.







 
 
 
¡ME ABURRO!
MARC ROSENTHAL

“¡Me aburro!” es un relato visual en formato cómic sobre un niño que camina solo y distraído por la calle. Ensimismado en su aburrimiento y convencido de que allí nunca ocurre nada, no se da cuenta de que a su alrededor suceden cosas extraordinarias que le pasan desapercibidas...

 
 
O PEIXE VERMELLO
Taeeun Yoo


O avó de Ramiro era o encargado dunha biblioteca moi antiga que había no medio do bosque. Un día, Ramiro acompañou o seu avó e levou consido o seu amigo, o peixe vermello. Era a primeira vez que o neno entraba na biblioteca e estaba abraiado por aquelas enormes salas cheas de libros. Mirou todos e cada un dos estantes e non deixou ningún curruncho sen explorar...

 
 
Para facer o retrato dun paxaro
Jacques prèverT / mordicai gerstein



Esta fermosa fábula sobre a arte e a cretividade une un dos poemas máis sutís de Prévert, escrito en 1943, e o talento artístico de Gerstein. Destaca a orixinalidade coa que nos amosa a transición do mundo en tres dimensións ao plano bidimensional.

 
 
O MEU AMIGO ÁLEX
MIKEL GURRUTXAGA / MAITE GURRUTXAGA


Chámome Isabel, e quero falarvos do meu amigo Álex, que é un monstro, mais non me importa. Álex moitas veces camiñaba ao meu lado. Chegaba por sorpresa e quedaba comigo ata que me metía na cama e adormecía...
IV BECA ETXEPARE AO MELLOR PROXECTO PARA A CREACIÓN DUN ÁLBUM INFANTIL EN ÉUSCARO

 
 
As historias da avoa CATARINA
Iñaki ZubeldiA / Estibalitz JalóN


Hai moito, moito tempo, nun prado da montaña, vivía unha vella cigarra. Chamábase Catarina e era moi charlatana. Todos os días, sen falta, contaba aos seus veciños historias antigas que a ela, cando era pequena, contáralle a súa avoa...
III BECA ETXEPARE 2009 AO MELLOR PROXECTO DE CREACIÓN DUN ÁLBUM INFANTIL EN ÉUSCARO

 
 
UN BECHO ESTRAÑO
MON DAPORTA / ÓSCAR VILLÁN

Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco.
Tiña por riba dous pés, entre os pés un longo rabo...






 
 
 
GRISELA
ANKE DE VRIES / WILLEMIEN MIN


Un día, Grisela atopouse moi triste, tan triste coma o seu pelame gris. «Teño que facer algo», pensou. Colleu un bote de pintura vermella e dixo: -Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me poño contenta.!

 
 
SOÑOS DE CIRCO
JOXAN ORMAZABA / IRAIA OKINA


Había tempo que a miña avoa me dicía que un día me levaría a ver o circo. E por fin onte pola tarde, a avoa e mais eu fomos á estación: iamos ao circo!
II BOLSA ETXEPARE 2008
DE ÁLBUM INFANTIL ILUSTRADO EN ÉUSCARO

 
 
O NACEMENTO DO DRAGÓN
WANG FEI / MARIE SELLIER / CATHERINE LOUIS


Antano, hai xa moito tempo, nos días en que non existían os dragóns,
os homes, as mulleres e os nenos da China
cazaban, pescaban e vivían en tribos baixo a protección de espíritos benévolos...

 
 
QUEN FALA? AS PARTES DO CORPO OPINAN
TARO GOMI


Estaba Pablo paseando tan tranquilo cando, de súpeto... «Ui! Isto que é?», di un dedo.
«Ah! É o caramelo que me deron o outro día», di a cabeza recordando. «Foh! Que sucio! Está cheo de peluxe!», din os ollos ao velo....

 
 
O ABRIGO MISTERIOSO
JEANNETTE JENNING


Todas as mañás, o señor Abellón saía da súa casa cun abrigo enorme. Levaba algo agachado, pero non dabamos visto o que era porque, en canto saía pola porta, liscaba rúa abaixo a toda présa.

 
 
NON É UNHA CAIXA
ANTOINETTE PORTIS



Que fas sentado nesa caixa?
Non é unha caixa.
Por que estás subido na caixa?
Non é unha caixa!

 
 
O GRAN GUERREIRO
PELLO AÑORGA / JOKIN MITXELENA



O Gran Guerreiro cabalgaba a galope tendido no seu corcel cando, de súpeto, a neve comezou a caer e a cubrir todo cun manto branco e mesto.

 
 
BÁGOAS DE CROCODILO
ANDRÉ FRANÇOIS


-Iso son bágoas de crocodilo! -Que son bágoas de crocodilo?
-Ti choras bágoas de crocodilo. -Que son bágoas de crocodilo?
-Explicareiche o que son as bágoas de crocodilo.

 
 
LA NAVIDAD DE MILTON
HAYDÉ


Un gato travieso y un árbol de Navidad lleno de adornos… ¿De qué será capaz este impulsivo minino?

 
 
YO, MILTON
HAYDÉ


Las aventuras domésticas de un gato muy especial: su agudo sentido del olfato, sus correrías por los tejados, su cambiante estado de ánimo...

 
 
MIFI AXUDA NA CASA
DICK BRUNA



Regar as prantas, tender a roupa ou facer a compra. Axudar aos maiores é instructivo e ademais, ten recompensa...

 
 
MIFI VISITA O ZOO
DICK BRUNA



A Mifi encántanlle os animais: uns viven nas árbores, outros na auga, ou na selva... Hainos de diferentes tamaños e cores.

 
 
BOS DÍAS, MIFI?
DICK BRUNA



Empeza un novo día e Mifi disponse a facer actividades moi entretidas logo de tomar un bo almorzo...

 
 
CONTAS CON MIFI?
DICK BRUNA



Mifi conta todo o que atopa ao seu paso e así descobre o mundo que a rodea: as árbores do parque, os parrulos do estanque, os papaventos do ceo, as cunchas da praia..

 
 
UNHA FAMILIA NORMAL
DANIELA KULOT



...Coma tantas outras parellas que se queren, teñen fillos: Croquila, unha cría de crocodilo,
e Rafolo, un bebé xirafa. Xuntos, forman unha familia coma calquera outra.
Iso si, un pouco especial...

 
 
UNHA PARELLA DIFERENTE
DANIELA KULOT


Un día que non tiñan nada que facer, Crocodilo díxolle a Xirafa:
“Imos dar unha volta?”.
“E onde imos?”, preguntou Xirafa, “a Vilacrocodilo ou a Aldeaxirafa?”.

 
 
CROCODILO NAMORADO
DANIELA KULOT


Hai días que Crocodilo está inquedo.
Ás veces ten frío, ás veces ten calor, ás veces está moi triste...
O que lle pasa é que está namorado.

 
 
UNHA CASA A MEDIDA
DANIELA KULOT



Esta é Xirafa. Xirafa é moi alta. Este é Crocodilo. Crocodilo é moi baixiño.
Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros.
Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados.

 
 
LEOPOLDO E CASILDA
DANIELA KULOT



Leopoldo ten unha mamá que sempre senta con el á noitiña e lle conta contos marabillosos...
...Casilda ten un papá que lle ata un laciño no pelo todas as mañás.

 
 
A BAÑARSE!
TARO GOMI



-León!, a bañarse! Saca a roupa.
-Como, mamá? Sacar a roupa un león?
Vale, se non hai máis remedio…
A ver…

 
 
EDUARDO,
O NENO MÁIS TERRIBLE DO MUNDO

JOHN BURNINGHAM



Eduardo fíxose cada vez máis zoupón, máis cruel, máis amigo de estarabouzar, máis porcallán, máis maleducado e máis brután, ata que un día lle dixeron...

 
 
O TRAXE DE LUCES
DIDIER LÉVY / ANNA LAURA CANTONE




¡Aplausos, gritos, música de claríns!
O toureiro sae á arena, o seu traxe de luces brilla baixo o sol.
O público contén a respiración ...

 
 
A GATIÑA ROSALINDA
PIOTR WILKOn / JÓZEF WILKON

Hai tempo que Don Casimiro e Dona Carolina agardan ansiosos ter descendencia. E por fin chega o día esperado...

 
 
PASIÑO
SIMON JAMES

Que podes facer cando es pequeno e estás perdido e xa non podes máis?

 
 
CANS DE RIBEIRA
KATJA GEHRMANN


Por fin chegara o verán! Era un día de moita calor. Despois de cargar o coche, saímos de viaxe. Ao cabo dun bo rato, paramos a carón da estrada e dixéronme:
«Rápido, Manchas! Aí, debaixo da árbore!».

 
 
CO DEDO NO NARIZ
DANIELA KULOT

A Elefante encantáballe furgar no nariz.
E a Ratiña, a súa veciña, tamén lle gustaba moito.
A Ra tamén lle gustaría, pero a súa nai non lle deixaba.

 
 
QUE LERIA DE CORDÓNS!
DANIELA KULOT

A nai de Laura acababa de chegar á casa.
Toma, tróuxenche un agasallo! -díxolle.
Uns zapatos vermellos! Dous! Un para cada pé. Entón Laura decatouse de que…
os zapatos tiñan cordóns!

 
 
UN DOUS TRES, QUE VES?
NADIA BUDDE

Un dous tres, que ves?
Iago, Brais, Cristovo, lobo
grande, mediano, pequeniño, porquiño...

 
 
VIAXAR EN PIXAMA
NADIA BUDDE

Contar ovellas pode que non sexa un remedio de todo efectivo contra o insomnio.

 
© FAKTORIA K DE LIBROS