O BURATO DO INFERNO
JOSÉ MANUEL TRIGO / RAMÓN TRIGO

 
A Guarda, Galicia, ano 1858.
Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Aínda que Xosé desprezaba o moribundo, non podía negarse a aquela petición. O seu pai, Benito o Lindo, era un home endurecido pola miseria e a fame, que abandoara a súa muller cando quedou embarazada.

Nas costas galegas os raqueiros, piratas de terra, aproveitaban as noites sen lúa e prendían fogueiras para enganar as embarcacións que navegaban próximas, e así facíanlles crer que seguían o rumbo correcto. De súpeto, os barcos encallaban nunha praia ou estrelábanse contra as rochas e eran atacados polos raqueiros, que os asaltaban e os despoxaban rapidamente da súa carga.

Encadernación rústica.
104 páxinas en branco e negro. Novela Gráfica.
18,5 x 25,5 cm.
Prezo: 16 €
“O burato do inferno” . ISBN 978-84-96957-63-3
“La cueva del infierno” . ISBN 978-84-96957-64-0
   
© FAKTORIA K DE LIBROS