LUIS VAI Á PRAIA
GUY DELISLE

 
Neste cómic sen palabras, con trazos cinematográficos, a comunicación co lector baséase na forza expresiva das imaxes, no uso de figuras simbólicas para plasmar os diálogos e na áxil sucesión das viñetas para amosar unha divertida historia: un día de praia na vida dun neno moi cativo.

Todo comeza unha mañá, moi cedo, empregando os máis variados e incómodos métodos para espertar a quen dorme. Xa na beira do mar, iranse sucedendo as típicas accións que protagonizaría calquera neno ou nena de curta idade: caídas, xogos coa pelota hinchable e travesuras que molestan a algún que outro bañista, entreterse con outros rapaces...

Encadernado en cartoné. Banda deseñada.
48 páxinas a toda cor.
21 x 31 cm.
Prezo: 14 €
“Luis vai á praia”. ISBN 978-84-96957-85-5
“Luis va a la playa”. ISBN 978-84-96957-84-8
   
© FAKTORIA K DE LIBROS