Ten tres anos,
tres pelos e tres debilidades:
as cacas, os mocos e o pis.
Tamén ten unha grande imaxinación.
Algúns din que é un neno moi porco,
pero o certo é que é porco porque é un
neno.
Para ler as historias
delirantes e algo escatolóxicas de Fiz hai que ser
neno... ou volver selo. Pensar coa inocencia e maila picardía
da que os nenos son capaces, empaparse do humor fresco e
agudo que destilan as súas trasnadas, ser comprensivo
coa súa espontaneidade, desafiar con certas doses
de rebeldía o mundo anodino e soso dos adultos...
|