 |
|
Lewis Trondheim
e Sergio García alíanse neste álbum para
explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como construir
unha páxina, a composición das viñetas
e a súa función narrativa, os tipos de planos,
a descomposición do movemento, os criterios para escoller
un bo enfoque das esceas, a forma dos ‘bocadillos’
ou ‘globos’ a través dos cales se amosan
os diálogos entre os personaxes; tamén se expoñen
os métodos para expresar sentimentos e emocións
a través de onomatopeas e outros elementos gráficos,
ou como plasmar o paso do tempo mediante recursos como o flash-back.
- Temática: metodoloxía
para aprender a debuxar cómic
- Idade recomendada: dende 6 anos
|
Encadernado en cartoné
40 páxinas a toda cor.
22 x 29 cm.
Prezo: 15€
 |
“Como facer un
cómic”. ISBN 978-84-96957-58-9 |
 |
“Como hacer un
cómic”. ISBN 978-84-96957-59-6 |
|
|
|
|
| |
 |
|
|