Achegádevos.
Sei que estades aquí para escoitar unha historia. Unha
historia da que algúns vos dixeron que era divertida,
conmovedora, chea de furia... Namentres que outros vos aseguraron
que non era gran cousa. Daquela, a quen hai que crer? Fixestes
ben en vir onda min. Coñezo mellor que ninguén
a terrible e edificante historia dos cinco narradores de Bagdad.
Porque eu era un dos cinco.
Este álbum
de orixe francesa achegará o lector ás peripecias
de cinco contadores de historias, afanados na procura do
mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto
polo califa de Bagdad e con el, acadar sona e riquezas.
Nazim, Tarek, Anouar, Wahid e Ahmed, o fillo do propio soberán,
son os protagonistas desta particular odisea arredor do
mundo..
|