O cosmos. A derradeira
fronteira. Dende tempos
inmemoriais o home ergueu a vista cara ás estrelas,
na procura de respostas. Astro, como bo explorador,
vai na procura das preguntas.
No espazo sideral
suceden cousas que na Terra pasan desapercibidas.
Hai planetas de extraña composición, máquinas
de tecnoloxía superior e seres que van a todas partes
a bordo de cohetes autopropulsados. Astro actúa como
guía do lector, descubríndolle os segredos
inescrutables do cosmos.
Porque Astro é explorador. Máis aínda,
“valente explorador”. Só que ás
veces descobre que as cousas fascinantes pasan ao seu redor,
non tanto nos confíns do universo. Nembargantes,
grazas á súa insaciable curiosidade, sabemos
detalles tan interesantes como que o espazo está
“moi mal sinalizado”.
|