OS AMIGOS DE ARCHIMBOLDO ROQUE
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

 
El Cabaliño de Manamí, o desgraciado Harold, os Tapadiños, a Pompa Fúnebre, a malvada dona Bixelmina, o Hiperhome, o Manmaceira, o caracol Anatol, os Mesmiños, as Dezasete Musarañas, o Librepensador, os Animais Pantasma, o panal
de abellas de Patinir... En fin, que xa o di Archimboldo: «Na terra hai moita xente, e cada un é cada un».

Esta é a filosófica carta de presentación de Archimboldo Roque, un rinoceronte unicornio branco, un ser único e irrepetible que convida os lectores a coñecer a súa ampla e variada ‘fauna’ de amigos: as anécdotas dos ratos xemelgos, as ocorrencias da nena escritora, os pensamentos da cebra Miraceos, as habilidades da serpe masaxista...

Encadernado en cartoné
80 páxinas a toda cor.
21,5 x 30,5 cm.
Prezo: 16 €
“Os amigos de Archimboldo Roque” . ISBN 978-84-96957-39-8
“Los amigos de Archimboldo Roque” . ISBN 978-84-96957-38-1
   
© FAKTORIA K DE LIBROS