 |
 |
Son a que mellor salta da charca
e sempre estou mollada. Teño a boca enorme e a lingua moi
longa e pegañenta para cazar insectos. Sabes quen son?
Neste libro descubrirás animais asombrosos: perigosos hipopótamos,
elegantes cisnes e lontras bulideiras. Tamén aprenderás
moitas cousas sobre estes e outros animais que viven nos ríos
e nos lagos.
|