NACER - Animais extraodinarios
TEXTO: XULIO GUTIERREZ
ILUSTRACIÓN: NICOLÁS FERNÁNDEZ

 

“Nacer” é o segundo volume da colección Animais Extraordinarios. Neste libro descríbese a forma asombrosa en que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de animais. No volume anterior, “Bocas”, explícase con detalle e rigor o modo peculiar no que algunhas especies obteñen o seu alimento.
Noutros libros desta colección mostraranse as construcións máis sofisticadas do reino animal, as migracións máis espectaculares e as insólitas estratexias que algúns seres vivos utilizan para pasaren desapercibidos..

Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comenza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece de cada un un volume de información ben dosificadaa sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de chegar ao mundo, isto é, de nacer.

 
Encadernado en cartoné
32 páxinas en color.
24 x 34 cm
Prezo: 16 €
“NACER - Animales extraordinarios" ISBN 978-84-96388-27-7
“NACER - Animais extraordinarios” ISBN 978-84-8464-693-8
“NASCER - Animais extraordinários” ISBN 978-989-8205-15-5
© FAKTORIA K DE LIBROS